|
Instrumentos Galegos Moisés Quintas Suárez
Aerófonos
Empregábase como instrumento aerófono no Neolítico, sobre todo para a emisión de sinais acústicos. Tamén foi empregada nas civilizacións precolombinas e en numerosos pobos asiáticos. O son prodúcese ao vibrar os beizos coa presión do aire na embocadura, feita sobre a mesma caracola curtando un extremo. Segundo a tradición occidental, o seu inventor foi Tritón, deus grego dos mares que segundo a lenda anunciaba a súa chegada con toques de caracola, e parece ser que con moita destreza. Popularmente os mariñeiros usábana para comunicarse entre eles enviando sinais acústicos ou para anunciar a chegada ao porto.
O nome procede do latín “cornu”. É un instrumento que xa se empregaba no Neolítico. A súa función principal era a de dar sinais, avisos de convocatoria, comunicación entre pobos e tamén toques de guerra. Normalmente empregábase corno de boi ou carneiro. Equivale ó "queren" hebraico e o "keras " dos gregos. Segundo Aristóteles, o corno cocíase á calor do lume para moldealo e darlle mellor sonoridade. En Europa introducírono os pobos célticos e os etruscos. No s.X aparece un corno con boquilla e buratos para a dixitación, constituíndo un parente afastado da corneta empregada a partir do s.XV.
Tal como se coñece en Galicia presenta a forma máis elemental e foi empregado na montaña polos pastores para comunicarse entre eles ou para xuntar o gando. Tamén se empregou con outra finalidade que o caracteriza que é a de xuntar os veciños nun punto determinado do pobo. O son prodúcese ao vibrar os beizos coa embocadura ao presionar co aire.
|