Principal
Prólogo
Introducción
Clasificación
Aerófonos
Cordófonos
Membranófonos
Idiófonos
Obradoiro
Artesáns
Bibliografía
Discografía
Ligazóns
Músicos
Agradecementos
Contacto
             

     Instrumentos Galegos Moisés Quintas Suárez

         

    

Idiófonos

Percutidos ] Entrechocados ] [ Raspados ] Sacudidos ] Punteados ]

 

 

 

  • Cunchas

              

 

 

 

É un instrumento natural formado por dúas cunchas de vieira.

Por habelas de variadas formas e tamaños, é importante saber escoller aquelas que nos proporcionan maior variedade tímbrica e intensidade sonora. Para isto debemos ter en conta que sexan o máis cóncavas posibles.

O tamaño, o que fai é influír na altura do son; canto máis grandes sexan as cunchas máis grave, e ao revés, canto máis pequenas máis agudo, a gusto do intérprete.

Cóllense cos dedos polgar e índice da man esquerda na zona onde a vieira é menos redondeada, e coa parte cóncava ollando cara á man. Os demais dedos apóianse na zona redondeada.

A man dereita, suxeita a outra cuncha tamén polo lado menos redondeado, co polgar no lado convexo e o resto dos dedos no cóncavo.

É esta man dereita a que leva o ritmo desexado ao percutir ou rascar na outra cuncha.

As variacións tímbricas acádanse ao tocar máis cara á zona do centro ou máis cara ao bordo da cuncha.

A man esquerda axuda nestas variacións xuntando cara a ela ou separando a cuncha que suxeita, é dicir, aumentando ou diminuíndo a caixa de resonancia que se forma entre a cuncha e a man.

É un instrumento ideal para acompañar tanto a voz como a calquer outro instrumento.

Doado de tocar, cunha gran variedade tímbrica e rítmica, barato e moi adecuado para iniciarse nos ritmos básicos da nosa música cun instrumento propio da nosa cultura.

  

 

 

  • Piñas

      

 

 

Outro elemento da natureza que adoita empregarse como instrumento. Consiste en dúas piñas cun timbre moi característico, resultado do fretamento dunha contra a outra.

Como a maioría dos instrumentos tradicionais, o xeito de tocalas varía en función do executante.

O normal é entrechocalas ou fretalas collendo unha con cada man de forma invertida.

Debido ao desgaste a causa do fretamento entre ambas, non é un instrumento que dure moito tempo, mais temos a vantaxe de que é doado de conseguir.

 

 

 

  • Botella de anís

                     

  

 

A finais do s.XIX aparece unha botella de anís cuns relevos na superficie para que non escorregase das mans.

Axiña o maxín do pobo converteuna nun dos instrumentos máis empregados.

O xeito de tocala é collela cunha man  polo bico e apoiala no peito mentres coa outra man se suxeita un garfo de metal que rasca nas estrías da superficie.  

VOLVER