Principal
Prólogo
Introducción
Clasificación
Aerófonos
Cordófonos
Membranófonos
Idiófonos
Obradoiro
Artesáns
Bibliografía
Discografía
Ligazóns
Músicos
Agradecementos
Contacto
             

     Instrumentos Galegos Moisés Quintas Suárez

         

 

Idiófonos

Percutidos ] Entrechocados ] Raspados ] [ Sacudidos ] Punteados ]

   

 

 

  • Chocallos e Campás

              

 

Axudan a pastores e arrieiros para cantar ao seu ritmo nos desprazamentos que estes facían co gando.

Aquí, o mesmo que na maioría das cantigas de labores (liño, sega, canteiros…), é o cantar o que se adapta a un ritmo dado pola acción do traballo, neste caso, o ritmo dos chocallos ao moverse pendurados do pescozo do gando.

 

 

 

 

 

 

Campá na capela de San Martiño, Martiñán, Bande, Ourense.

Cómpre destacar a súa función comunicativa penduradas nos campanarios das igrexas e catedrais de pobos e vilas. Ademais da súa función principal que é chamar a misa, tanto poden tocar a festa ou a morto como avisar dun incendio.

Tamén marcan o ritmo nos entroidos pendurados dos pés ou da cintura dos, cigarróns, pantallas, peliqueiros, troteiros…

 

 

 

 

Tocador de campás representado na miniatura n.º 180 das Cantigas de Santa María de Afonso X O Sabio. S.XIII.

 

 

 

  • Axóuxere

               

 

Non é frecuente que se empreguen tradicionalmente como tales na cultura musical galega, pero si os escoitamos, por formar parte e estar incluídos case sempre dentro doutro instrumento tradicional galego: o pandeiro.

Consiste nunha peza de metal con forma esférica que ten unhas aberturas para amplificar o son. Dentro leva unha peciña metálica solta que produce o son

ao golpearse contra as paredes interiores.

É costume penduralo do pescozo de animais domésticos como gatos ou cans.

Hai outro tipo de axóuxeres feito con vimbio cocido, aos que se lles meten normalmente unhas pedriñas dentro.

Téñense empregado tanto para durmir os cativos acompañando os arrolos como para que xoguen con eles.

Axóuxere de vimbio cocido.

VOLVER