O autor quere agradecer
expresamente...
A Viqui, Manel e Lois por
seren a miña ledicia de cada día.
Aos meus pais e en espacial
á miña nai Ramona polo agarimo con que me ten ensinado, sempre cun sorriso,
todo tipo de cantigas, lendas, costumes…
Aos meus avós Estrella e
Gumersindo polas cantigas que me ensinaron na lareira a carón do lume.
Ao meu tío Luis por ter
sempre un conto ou unha cantiga nos beizos.
A D. Xosé Pérez González
polas longas conversas nas que desde neno me foi amosando o camiño e facendo
medrar en min o interese e agarimo pola música do pobo, pola fala e pola
Terra. Que o alalá de Lobeira te acompañe sempre.
A Jorge P. Fontenla, Mª
Jesús Rodríguez e Mº Dolores Quintas pola súa disposición e axuda en todo
canto precisei.
A Marcial, mestre e amigo.
A Francisco Morgade, por
todos os momentos de música compartidos e por confiar sempre nas miñas
propostas.
Á editorial Ouvirmos, por
apostar pola difusión deste traballo e polo seu compromiso coa nosa cultura.
Aos músicos que participaron
na gravación, polo seu apoio e amizade: Viqui, Rosa, Lucía, Almudena, Pepe,
Javier, Marcial, Xocas e J. Manuel.
Aos amigos e amigas sempre
dispostos a axudar: Amalia e Álvaro, Xulia Fernández, Juan Eiras, Xulio
Labandeira, Ramón Villaverde, Teresa Santamaría, Enrique Fernández, Ricardo
García, Marilú Campos, Eva González, Javier Feijoó “Chisco”…
A Vicente, director da
charanga Penas Ceibes, por acompañarme na recollida de campo.
Aos meus compañeiros do Ceip
X. Fernández López do Porriño e aos meus alumnos, dos que nunca deixo de
aprender.
Ao mestre artesán Manuel
Brañas, director do Obradoiro-Escola de Instrumentos Populares da Deputación
de Ourense, pola súa inestimable axuda.
Ao artesán X. Manuel Gil,
moitísimas grazas polos instrumentos e pola túa atención en todo momento.
Aos artesáns que me axudaron
ben con información ou tamén prestándome instrumentos: Alfonso Gil, Carlos
do Viso, Oli Giráldez, Miguel Mosquera, J. Luis Carballo Enríquez, José
Eduardo Márquez, Xosé Vázquez “Che”.
Agradezo especialmente a
achega do gran mestre Antón Corral por atenderme xenerosamente, facilitarme
información e prestarse a escribir o prólogo deste traballo.
|