|
Instrumentos Galegos Moisés Quintas Suárez
Introducción
O primeiro paso para o desenvolvemento deste traballo é definir o que entendemos por instrumento de música: calquera obxecto capaz de producir sons orientados cara a un fin musical. Deste xeito, unha tixola ou unhas cunchas convértense nun instrumento musical cando as empregamos no acompañamento dunha cantiga. Partindo desta base, imos facer unha clasificación dos nosos instrumentos populares e tradicionais seguindo o sistema dos musicólogos Erich Moritz von Hornbostel e Curt Sachs por ser o máis estendido e universalmente aceptado. O criterio ordenador atende ao elemento que orixina a vibración sonora que, ao propagar as súas oscilacións ao aire, fai que este se mova até chegar aos nosos ouvidos, reproducindo as mesmas vibracións orixinais nos nosos tímpanos. Este elemento pode ser unha pel estendida que golpeamos, unha corda tensa que pulsamos ou fretamos, ou o aire que sopramos e choca contra o bisel ou burato. Así, podemos falar de instrumentos: AERÓFONOS: o son prodúcese pola vibración do aire. Poden ser:
- de lingüeta simple: ex. o clarinete. - de lingüeta dobre: ex. a chirimía. - mixta: ex. a gaita. Tamén hai instrumentos que soamente teñen a lingüeta sen tubo. Ex. o acordeón ou a filharmónica.
CORDÓFONOS: o son orixínase pola vibración dunha corda. Poden ser:
A acción sobre as cordas pode ser de punteo (arpa) ou de fricción (violín). MEMBRANÓFONOS: neles a vibración sonora orixínase ao golpear unha membrana tensa (ou parche), xeralmente de pel de animal ou tamén de plástico. Poden ter unha membrana ou dúas. IDIÓFONOS: formados por corpos duros, pero cunha elasticidade suficiente para manter un movemento vibratorio que pode orixinarse ao:
|