Principal
Prólogo
Introducción
Clasificación
Aerófonos
Cordófonos
Membranófonos
Idiófonos
Obradoiro
Artesáns
Bibliografía
Discografía
Ligazóns
Músicos
Agradecementos
Contacto
             

     Instrumentos Galegos Moisés Quintas Suárez

         

       

Idiófonos

Percutidos ] Entrechocados ] Raspados ] Sacudidos ] [ Punteados ]

 

 

 

  • Trompa ou Birimbao

               

Consiste xeralmente nun pequeno marco de metal e con forma de ferradura que ten adosado unha especie de lingüeta ou balea flexible, normalmente fabricada no mesmo material que o marco.

O seu tamaño varía en función da súa tonalidade.

Un xeito de tocalo é collendo o birimbao coa man esquerda e situalo entre os dentes e os beizos (sen mordelo), co fin de que a nosa boca faga de caixa de resonancia, ao tempo que se golpea a lingüeta, suave e ritmicamente co dedo medio ou indicador da man dereita.

Facendo variacións na posición da boca (abrindo e pechando a gorxa), da lingua e do alento, acádanse diversos sons da escala harmónica.

Atopáronse restos deste instrumento que se remontan á época romana aínda que a súa orixe sitúase na Asia setentrional varios milenios antes de Cristo e fabricado en bambú.

Foi un instrumento de uso popular moi empregado desde a Idade Media cun carácter festivo.

 

 

 

Vendedor de trompas e frautas de pico. Gravado dos proverbios flamencos do 1559 de Pieter Brueghel.

Pode empregarse só, acompañando á voz ou a calquer outro instrumento, facendo a melodía ou un bordón ideal harmónico-rítmico.

É preciso sinalar que na zona da Fonsagrada (Lugo), este instrumento acadou un profundo arraigo e unha gran técnica; con tocadores, que executan con gran mestría todo tipo de pezas tradicionais.

 

 

 

 

 

Emilio do Pando, un dos grandes mestres de trompa da Fonsagrada, Lugo.

VOLVER