Principal
Prólogo
Introducción
Clasificación
Aerófonos
Cordófonos
Membranófonos
Idiófonos
Obradoiro
Artesáns
Bibliografía
Discografía
Ligazóns
Músicos
Agradecementos
Contacto
             

     Instrumentos Galegos Moisés Quintas Suárez

      

Aerófonos

Bisel ] Lingüeta ] [ Boquilla ]

 

 

  • Bucina

             

 

 

Empregábase como instrumento aerófono no Neolítico, sobre todo para a emisión de sinais acústicos.

Tamén foi empregada nas civilizacións precolombinas e en numerosos pobos asiáticos.

O son prodúcese ao vibrar os beizos coa presión do aire na embocadura, feita sobre a mesma caracola curtando un extremo.

Segundo a tradición occidental, o seu inventor foi Tritón, deus grego dos mares que segundo a lenda anunciaba a súa chegada con toques de caracola, e parece ser que con moita destreza.

Popularmente os mariñeiros usábana para comunicarse entre eles enviando sinais acústicos ou para anunciar a chegada ao porto.

Tamén en Galicia hai buguinas de forma cónica, a xeito de corneta, fabricadas en barro cocido. Foron empregadas polos peregrinos que facían o camiño de Santiago para anunciar a súa chegada aos pobos ou para pedir auxilio.

 

 

  • Corno

       

 

 

O nome procede do latín “cornu”.

É un instrumento que xa se empregaba no Neolítico.

A súa función principal era a de dar sinais, avisos de convocatoria, comunicación entre pobos e tamén toques de guerra.

Normalmente empregábase corno de boi ou carneiro.

Equivale ó "queren" hebraico e o "keras " dos gregos.

Segundo Aristóteles, o corno cocíase á calor do lume para moldealo e darlle mellor sonoridade.

En Europa introducírono os pobos célticos e os etruscos.

No s.X aparece un corno con boquilla e buratos para a dixitación, constituíndo un parente afastado da corneta empregada a partir do s.XV.

 

 

 

Miniatura n.º 270 das Cantigas de Santa María de Afonso X O Sabio. S.XIII.

 

Tal como se coñece en Galicia presenta a forma máis elemental e foi empregado na montaña polos pastores para comunicarse entre eles ou para xuntar o gando. Tamén se empregou con outra finalidade que o caracteriza que é a de xuntar os veciños nun punto determinado do pobo.

O son prodúcese ao vibrar os beizos coa embocadura ao presionar co aire.

 

Anxo con corno no Retablo da Expectación da Catedral de Tui.  Antonio del Villar 1722.

  Corno, gaita e tambor tallados na sancristía da Catedral de Tui por Domingo Rodríguez no 1715.

 VOLVER