Principal Prólogo Introducción Clasificación Aerófonos Cordófonos Membranófonos Idiófonos Obradoiro Artesáns Bibliografía Discografía Ligazóns Músicos Agradecementos Contacto
| |
Instrumentos
Galegos Moisés Quintas
Suárez
Obradoiro
[ Tarrañolas ] [ Frauta de Pan ] [ Pito ] [ Ocarina ] [ Frauta traveseira ]
Materiais:
cana ou bambú de
29 cm x 1,5 cm aproximadamente, tapón de cortiza de 2,5 cm de longo.
Ferramenta:
lima, lixa fina,
lapis, regra, punzón, navalla, fonte de calor, trade e brocas (opcional),
afinador (opcional).
|
A Cana
Cortamos a cana,
limpámola e lixámola.
Facemos unha liña
dun extremo ao outro para aliñar o bisel cos buratos. |
|
A embocadura
A 4 cm do extremo
facemos un burato de 1 cm de diámetro. Ese será o burato da embocadura ou
bisel onde se produce o son.
Lixámolo con coidado,
pero deixamos a aresta.
Metemos o tapón (de
madeira e con tapa, se pode ser, xa que se debe poder mover para corrixir
a afinación). Se o tapón non ten o diámetro por defecto, podemos rodealo
con fío ata que axuste ben.
Se non temos tapón,
debemos coidar de ter un nó da cana nese extremo, que nos fará a mesma
función, só que non poderemos variar a afinación.
|
|
Os buratos
Sen ningún burato máis
que o do bisel, soa a nota fundamental. A partir de aquí temos que ir
formando a escala de grave a agudo.
Se partimos por
exemplo da nota Re como tónica (con todo tapado ou sen buratos), debemos
abrir logo o primeiro burato (a 4 cm do extremo), que será o de Mi,
variando o tamaño do burato ata que afine.
Empezamos cun burato
de pequeno diámetro e logo imos abrindo pouco a pouco.
Así, imos facendo os
buratos seguindo as notas da escala (ver dixitación e seguir ese proceso
de abertura dos buratos marcados en branco), mellor se nos axudamos dun
afinador.
Os buratos
quedan así:
- Re: soa sen burato
ou todo tapado.
- Mi: 4 cm do extremo.
- Fa#: 2,5 cm da nota
Mi.
- Sol: 2 cm da nota
Fa#.
- La: 2,5 cm da nota
Sol.
- Si: 1,8 cm da nota
La.
- Do#: 1,7 cm da nota
Si.
|
|
Dixitación
|
|
|
|
Re |
Mi |
Fa# |
Sol |
|
|
|
|
La |
Si |
Do# |
Re´ |
VOLVER
|