Principal
Prólogo
Introducción
Clasificación
Aerófonos
Cordófonos
Membranófonos
Idiófonos
Obradoiro
Artesáns
Bibliografía
Discografía
Ligazóns
Músicos
Agradecementos
Contacto
             

     Instrumentos Galegos Moisés Quintas Suárez

         

      

Obradoiro

Tarrañolas ] [ Frauta de Pan ] Pito ] Ocarina ] Frauta traveseira ]

 

 

 

Materiais: Canas, dúas taboíñas, la ou fío.

Ferramenta: lima, lixa fina, navalla, afinador (opcional).

 

 

Escollemos a cana

Cortamos varias canas de diferentes tamaños e grosor similar. Deixamos na parte inferior o nó e procuramos que o seu interior quede ben limpo.

Debemos tratar de pulir o lado aberto, primeiro cunha lima e logo cunha lixa, xa que vai estar en constante rozamento cos beizos e pode mancarnos.

A cana máis longa debe medir sobre 16 cm de longo por 1,5 cm de diámetro, aproximadamente.

Se comprobamos a súa afinación cun afinador debería dar a nota La.

Imos así preparando as seguintes canas, cada vez máis pequenas, e comparando o seu son sempre coa primeira, ata chegar ao Do agudo da segunda oitava.

Se queremos que a frauta teña unha afinación perfecta, necesitamos un afinador e ir afinando cada cana.

 

 

Pegado

Cando teñamos todas as canas preparadas, temos que colocalas de maior a menor, empezando pola esquerda. Deste xeito, quédannos os sons graves á esquerda e os agudos á dereita, sendo tamén este o modo de collela para tocar.

Cando estean ben aliñadas, co lado aberto cara arriba, collemos unha taboíña que temos preparada con anterioridade (duns 16 cm de longo por 2,5 cm de ancho), botamos pegamento polo lado interior que vai entrar en contacto coas canas e, con moito coidado, apoiámola enriba delas.

Unha vez seca facemos o mesmo con outra taboíña do outro lado.

 

Atado

Outra alternativa ao pegado é suxeitar os tubos con la ou fío a outros catro anacos da cana (dous por cada lado) como mostra a imaxe.

 

Afinación

 

VOLVER