Os Buratos
Unha vez que o corpo está feito, colocamos os buratos. En xeral, canto
máis grande é o burato, máis alta é a nota.
Debemos facer todos os
buratos antes de que se endureza o barro. Podemos axudarnos dun
obxecto con punta: punzón, agulla de la...
Sen ningún burato máis
que o do bisel, soa a nota fundamental que indica a tonalidade. A partir
de aquí temos que ir formando a escala de grave a agudo.
Se partimos por
exemplo da nota Do como tónica (con todo tapado ou sen buratos), debemos
abrir logo o primeiro burato que será o de Re, variando o seu tamaño ata
que afine.
Empezamos cun burato
de pequeno diámetro e logo imos abrindo pouco a pouco.
Así, imos facendo os
buratos seguindo as notas da escala (ver dixitación e seguir ese proceso
de abertura dos buratos marcados en branco). Mellor se nos axudamos dun
afinador.
Non é doado que todo
saia á primeira, cómpre ter paciencia e ganas de experimentar.
|