Principal
Prólogo
Introducción
Clasificación
Aerófonos
Cordófonos
Membranófonos
Idiófonos
Obradoiro
Artesáns
Bibliografía
Discografía
Ligazóns
Músicos
Agradecementos
Contacto
             

     Instrumentos Galegos Moisés Quintas Suárez

         

   

Obradoiro

[ Tarrañolas ] Frauta de Pan ] Pito ] Ocarina ] Frauta traveseira ]

 

 

 

Materiais: Dúas táboas, cartón.

Ferramentas: regra, lapis, serra, lima, lixa fina.

 

 

Escollemos a madeira 

Necesitamos dúas táboas pequenas de madeira duns 15 cm de longo por 3 cm de ancho e sobre 0,5 cm de groso. Serve calquera, pero se queremos un bo son, mellor unha madeira dura como buxo, granadillo...

 

Patrón e Serrado

Facemos un patrón de cartón e logo debuxámolo sobre unha das caras da madeira.

Unha vez serradas, cunha lima grosa  ou coa serra, redondeamos as esquinas e logo pasamos unha lima máis fina para rematar.

Cunha serra de curvas ou de marquetería recurtaremos con moito coidado o rebaixe para os dedos, procurando seguir a parte externa do trazo.

Ca lima fina, redondeamos todas as arestas. 

 

Remate

Para rematar, con lixas de varios grosores, empezando da máis grosa á máis fina, repasamos os bordos prestando moita atención ao rebaixe onde imos colocar os dedos.

 

 Coidado da madeira

Podemos untalas en eceite de améndoas para protexer a madeira, e cando estean ben secas, fretalas cun pano para que queden relucentes.

 

         

VOLVER