Principal
Prólogo
Introducción
Clasificación
Aerófonos
Cordófonos
Membranófonos
Idiófonos
Obradoiro
Artesáns
Bibliografía
Discografía
Ligazóns
Músicos
Agradecementos
Contacto
             

     Instrumentos Galegos Moisés Quintas Suárez

         

 

Obradoiro

Tarrañolas ] Frauta de Pan ] [ Pito ] Ocarina ] Frauta traveseira ]

 

http://www.pitogalego.gal: Método Práctico

 

Materiais: Cana ou bambú 27 cm x  2,5 cm aproximadamente, tapón de cortiza de 2,5 cm de longo.

Ferramenta: lima, lixa fina, lapis, regra, punzón, navalla, fonte de calor, trade e brocas (opcional), afinador (opcional).

 

A Cana

Buscamos unha cana duns 27 cm de longo e 2,5 cm de diámetro.

O corte

Facemos un recorte inclinado como indica a figura.

 

O bisel

Trazamos unha recta ao longo para que nos sexa máis doado logo aliñar os buratos co bisel.

Cunha navalla facemos un bisel de 0,5 cm de abertura a 2,5 cm do extremo.

 

O tapón

 

Cortamos un tapón de madeira do mesmo diámetro que o interior da cana e duns 2,5 cm de lonxitude.

Lixamos o tapón por un lateral de xeito que quede plano. 

Encaixamos o tapón coa parte plana cara ao bisel. 

Segundo o encaixamos, imos soprando pola abertura para tentear o son.

Lixamos o tapón para que colla a forma inclinada da cana.

 

Os buratos

 

En xeral, canto máis grande é o burato máis alta é a nota. Sen ningún burato máis que o do bisel, soa a nota fundamental que indica a tonalidade. A partir de aquí temos que ir formando a escala de grave a agudo.

Se partimos por exemplo da nota Do#, con todo tapado ou sen buratos, debemos abrir logo o primeiro  burato que será o de Re, variando o tamaño do burato ata que afine.

Empezamos cun burato de pequeno diámetro e logo imos abrindo pouco a pouco. Este primeiro, facémolo un pouco á esquerda da recta antes trazada para que sexa máis doado de tapar co maimiño. Os seguintes van na liña.

Así, imos facendo os buratos seguindo as notas da escala (ver dixitación e seguir ese proceso de abertura dos buratos marcados en branco), mellor se nos axudamos dun afinador.

 

Os buratos  quedan así:

- Do#: soa sen burato ou todo tapado.

- Re: 4,5 cm do extremo.

- Mi: 2,5 cm da nota Re.

- Fa#:  2,5 cm da nota Mi.

- Sol: 2 cm da nota Fa#.

- La: 2 cm da nota Sol.

- Si: 2 cm. da nota La.

- Do#: 1,5 cm da nota Si.

- Re´: 9 cm contando polo extremo do bisel e por detrás.

 

 

 

Dixitación

 

Do#

Re

Mi

Fa#

 Sol

La

Si

Do#

Re´

Mi´

VOLVER